13 de xaneiro de 2022

13 de xaneiro

Estaríamos hoxe, día 13, no primeiro dos días das resortes, que serven para confirmar ou non o que teoricamente as sortes determinaban.

Ata o de agora este foi o tempo:


Deixándonos un pouco destas lerias que algúns crían, hai un dito popular galego que di A ferreña de xaneiro non vai ao palleiro.

Sabes a que se refire? Así aparece na nosa web de información diaria, pero noutros sitios en vez de non ir ao palleiro non vai ao poleiro. 

Ferreña, segundo a RAG pode ser:
1. Que contén ferro na súa composición.
Augas ferreñas. SINÓNIMO ferruxinoso
2. Que ten a dureza ou a cor do ferro.
Armas ferreñas. Pedras ferreñas. SINÓNIMO ferruxinoso
3. Que semella de ferro pola súa dureza ou resistencia.
Disciplina ferreña. SINÓNIMOS de ferro, férreo
4 . figurado
Que permanece aferrado a unha idea ou a unha maneira de actuar, e que a defende con moita firmeza.
Deus, que ferreño! Non hai quen o desmonte. SINÓNIMOS cabezán, cabezón, cabezudo, cachamoulán, cachán, cacholán, carneirán, carneiro, cazurro, cornán, cornelán, gurrón, obstinado, teimoso, teimudo, tenaz, testalán, testán, testudo, turrón

Así que probablemente trátese deste sentido figurado de que a dureza de xaneiro, do inverno, non produce para o agricultor (sexa para meter no palleiro ou para o poleiro). De feito hai outros semellantes como Os pitos de xaneiro, pouquiños van ao poleiro.

Por outra banda, tal día coma hoxe pero de 1809 as tropas inglesas fan volar o polvorín da Coruña, o que din foi a explosión mais grande provocada polo home ata aquela (campións en estoupidos). 
En 1854 Anthony Foss, músico belga, patenta o acordeón. Na noite de 1998 A Dicoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.