ENTRE TANTAS ESTRELAS BRILLANTES
Nancy Kress
Nancy Kress publicou contos curtos en Omni, Isaac Asimovs Science Fiction Magazine e The Magazine of Fantasy & Science Fiction. Entre os seus libros cóntanse The Prince of morning Bells, The Golden Grove, The White Pipes e Trinity and Other Stories, conto que foi nomeado para o Nebula en 1984.
Así que estou a encher as botellas de salsa de tomate en plena noite e ouvindo a radio que Charlie instalou no teito encima do tabique móbil, cando entra un deles. Comprendo ao momento que se trata dun deles -non hai maneira de equivocarse acerca diso-, aínda que leve un traxe de corte impecable e un chapeu como o que lucía Humphrey Bogart en Casablanca. Pero non o acompaña ninguén, nin un catedrático de universidade nin un empregado do Goberno, como no espectáculo televisivo que organiza a universidade, nin tan sequera un estudante. Está completamente só. E estamos a moitos quilómetros da autoestrada da universidade.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.