A GRAVIDADE DESAPARECEU
Alexander Beliaev
I - Unha misteriosa quinta de verán
Durante os meus paseos polas aforas de Simeiz, en Crimea, a solitaria quinta de verán que se erguía na saia dunha montaña chamou a miña atención. Ningún camiño conducía até ela e estaba moi ben valada por todos os lados, co seu único enreixado sempre pechado. Por encima do valo non asomaba ningún arbusto nin a copa dunha soa árbore, e ao redor dela todo eran rocas amareladas, con algún ocasional enebro de aspecto enfermizo ou un retorto piñeiro aquí e alá.
A quen podía habérselle ocorrido vivir naquel deserto? Supondo que viviría alguén alí... Adoitaba preguntarmo mentres merodeaba ao redor da misteriosa quinta de verán.
Nunca vin saír a ninguén do lugar. A miña curiosidade foi en aumento, e debo confesar que tratei de botar unha mirada ao interior do valo rubindo ás rocas máis altas do contorno. Pero a quinta estaba situada de modo que, calquera que fose o meu observatorio, só podía divisar un recuncho do patio.
Con todo, ao cabo duns cuantos días de observación, conseguín ver a unha anciá vestida de negro que cruzaba o patio.
Aquilo foi un novo estímulo para a miña curiosidade.

...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.