12 de outubro de 2021

LIGA XADREZ ONLINE

Volvemos coa Liga AGAX Online en colaboración co Concello da Coruña. Tras as edicións de inverno e primavera, chega a edición de outono da LIGA AGAX ONLINE SUB12. Cumprimos así a nosa proposta de principios de ano, cando bastante mais confinados propusimos facer tres ligas neste 2021, no primeiro, segundo e cuarto trimestre.

Coma nas edicións anteriores os encontros xogaranse en Lichess e contarán os tres mellores resultados de cada equipo.

No mes de decembro teremos unha actividade aberta a colexios de calquera parte do mundo, pero agora a competición está destinada a colexios da cidade da Coruña, pero se o teu colexio non ten equipo (irán engadíndose algúns estes días) contacta con nos. 

Na proba contarán os tres primeiros representantes de cada colexio. Poden participar tódolos xogadores que o desexen dun mesmo centro e ir variando ao longo da proba. Igoalmente poden incorporarse equipos novos ao longo da duración do torneo.

LIGA AGAX ONLINE SUB 12 
(NADOS EN 2009 OU SEGUINTES)

SABADOS DE 16,00 A 17,00 EN LICHESS.ORG
Torneos sistema area, de partidas a 5 minutos sen berseker e sen puntos extras por vitorias consecutivas.

Se queres xogar na Liga por equipos Sub 12:

1. Crea unha conta en Lichess.org (se xa a tes creada continua cos puntos 2 e 3) 

2. Escolle o equipo ao que pertenzas e comproba que xa estás inscrito como xogador. Se non terás que pedir ingreso... e atento a resolver o mate en unha xogada que te pedirá para enviar a solicitude.
Se non estás nalgún dos anteriores equipos pero queres participar escríbenos a correo@agax.org.

3. Unha vez inscrito, cada sábado con partida terás que anotarte e escoller o teu equipo (para iso tes que estar xa dentro do mesmo). Publicaremos as ligazóns neste mesmo espazo. Así que cada xornada entra en www.xogandocoxadrez.eu para participar na proba do día.
Serán oito sábados. Datas previstas: Outubro: 16, 23 e 30. Novembro: 6, 13, 20 e 27. Decembro: 4

4. Trofeos. Despois das oito xornadas da Liga teremos unha clasificación de circuito (realizada ao xeito tradicional de AGAX contando os cinco primeiros) tanto para equipos como por xogadores individuais.
Os tres primeiros de cada dunha desas categorías recibirán un trofeo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.