21 de outubro de 2021
Aforismos de Leonardo
478.- Alce.- Nace na illa Escandinavia. Ten a aparencia dun cabalo grande, pero distínguese do cabalo na considerable lonxitude do pescozo e das orellas. Pace a herba recuando, pois ten o beizo superior tan saínte que cubriría con el a herba, se quixese comela avanzando. Ten as pernas sen conxunturas e, por esta razón, cando se apresta a durmir, ten que apoiarse contra unha árbore. Os cazadores, que saben onde afai durmir, cortan case todo o tronco da súa árbore preferida, e así, cando o alce vén durmir, cae ao chan e os cazadores apodéranse del. Por ningún outro medio conseguiríano, porque a velocidade da súa carreira é incrible.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.