476.- Golfiño.- A natureza concedeu aos animais non só o coñecemento das súas vantaxes, senón, ademais, o das desvantaxes dos seus inimigos. O golfiño ten conciencia do que vale o fío das aletas que leva sobre o lombo. Sabe tamén cuán facilmente penetrable é o bandullo do crocodilo. Así, cando combate con el, achégaselle por baixo e mátao abríndolle o ventre.
O crocodilo é temible para o que foxe del, pero en extremo covarde co que o persegue.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.