26 de maio de 2021

Inicio de Unha filla de Ramsés

UNHA FILLA DE RAMSES
Lord Dunsany 
       
Hai días en que a atmosfera está sobrecargada. Ataféganos até o punto de que o noso humor languidece. Non é culpa da nosa filosofía; ocorre sinxelamente que non estamos feitos para soportar o atroz peso do aire, polo menos cando se axita mentres a Terra dorme e pésanos máis do que estamos afeitos. Recordo que un día camiñaba cara ao club completamente fatigado e oprimido a causa, segundo crin entón, das       perplexidades dos asuntos da raza humana. Debería buscar unha causa máis importante, pero un lóstrego que atravesou o ceo como un pranto desgarrado pronto me indicou que a miña sensación dos problemas en marcha procedía do inminente esforzo da Terra por desprenderse de parte da electricidade que dalgunha maneira estaba a molestarlle ou ameazando. Pero cheguei ao club antes que o lóstrego, de maneira que  seguía sen saber que era o que me atafegaba. Así é que, no canto de mirar o barómetro para ver realmente de que ía a cousa, busquei o paliativo máis a man preguntándolle a Jorkens, que estaba sentado pesadamente entre varios socios silenciosos.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.