17 de maio de 2021

A "verba" dos canteiros (Xaquin Lourenzo)

No Día das Letras Galegas, comentamos algo sobre a "verba" dos canteiros, que varía algo duns sitios a outros, mais como mostra damos o seguinte:

Oreta é auga
chumar é beber
mingueno é centeo
legún é día
marreira é galiña
caxenas é ferreiro
fustaxe é madeira
nende é non
gumarreira do mouco é perdiz
muriar é traballar
faxoteiro é borracho
arteleira é bruxa
gambela é chaqueta
xais é diñeiro
baduar é falar
estafador de rufieiras é machado
iscaino é muíño
racha é noite
cubicar é saber
ardoa é viño

Ningún comentario:

Publicar un comentario