O encargado da seguridade planetaria entrou vertixinosamente na sala do Gran Consello. Despois do afeito ritual de saúdo á autoridade, o cal consistía en entrecruzar as antenas nun complexo patrón, falou:
-Anciáns do coñecemento, temos "visitas".
O que parecía ser o máis ancián, ergueuse rapidamente e agregou:
-Imposible, as estatísticas sinalan un encontro cada 500 anos, e só pasaron 200 anos desde o último encontro.
O encargado de seguridade planetaria dobrou as antenas da forma coa que se afacía expresar humildade e suavemente, pero con seguridade, agregou:
-Pero o feito é inefable e as estatísticas non son máis que iso, estatísticas. O feito máis notable é que son os mesmos da "última vez"...
Esta vez, todos os anciáns erguéronse e emitiron un agudo son que expresaba o máis absoluto estupor. O que levaba a voz, dixo:
-O que dixeches é, simplemente imposible. Aos humanos exterminámolos absolutamente hai 200 anos, como ti ben lembras...
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.