Uns douscentos escalóns tiña eu que subir para chegar á primeira plataforma da torre. As anduriñas que aniñaban no verán debaixo dos canelóns de pedra entre o brión e a parietaria, non se asustaban coa miña presenza; sabían que de min nada podían temer. Polas tardes, pouco antes de tocar a Ave María, cando o sol chegaba ao seu ocaso, asomaba a unha das xanelas para contemplar o magnífico panorama que á miña vista presentábase, o cal sempre era novo para min, aínda cando o facia todas as tardes.
En efecto, a posta do sol, xa se contemple cen anos seguidos desde un mesmo sitio, sempre ofrece un espectáculo distinto cada vez, aumentando os seus encantos e a súa maxia. As tintas varían moito; as sombras presentan a cada instante un novo aspecto, e o colorido engalánase sempre con mil tons inesperados, debidos ao fecundo pincel da natureza. Daquela este poético cadro complétase enchéndose máis e máis de harmonía co ruído da brisa entre as árbores do bosque, as voces dos campesiños, o cencerro dos gandos, o murmurio do río, o aroma acre da selva, e pechando tan sublime conxunto, como a última nota nunha frase musical, a campá que dobra na torre, cuxo son se prolonga agradablemente no espazo até perderse do todo.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.