25 de maio de 2021

Nova entidade

O pasado 24 de marzo tivo lugar a xuntanza fundacional da Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA), entidade que ten como obxectivo:

...O fin xenérico da asociación será o de recoller, difundir e fomentar os feitos de calquera orixe ou as obras de todo autor que signifiquen unha exaltación para Galicia e un enriquecemento do seu acervo cultural ou das súas posibilidades vitais, auspiciando ou creando seccións e organismos que tendan ao mellor coñecemento dos valores históricos e actuais de Galicia e ao estudo e solución dos problemas que lle afecten. 

Nos próximos días agardamos informar de actividades previstas por esta entidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.