CYRION EN BRONCE
Tanith Le
Máis preto do ceo que as árbores, a torre elevábase no manto verde do oasis. Baixo ela unha charca en repouso, adelfas, canas, columnas de palmeiras coas súas rotas celosías de frondas, que o sol, no seu percorrido cara ao oeste, desgarrara con diminutos dardos avermellados. Máis aló, en todas direccións, as secas dunas do deserto, tinguidas de cobre nas súas ladeiras occidentais.

O individuo da torre non miraba isto. Contemplaba un cristal montado sobre unha base de bronce. O cristal mostráballe unha zona de deserto a case dous quilómetros de distancia do oasis. Outro home camiñaba na espida area, avanzando cara ao Oeste na mesma dirección que o día. Cara á torre.
O viaxeiro era novo, alto e esvelto e vestía a indumentaria amplía e negra dos nómades. Unha espada envainada nunha funda de coiro vermello descansaba nun costado. Pero o sol acendía o seu cabelo louro e o seu marabilloso rostro, provocando preocupación no vixiante da torre. Do deserto radiante, belo e terrible, xurdiran profetas.
Profetas e demos.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.