2 de marzo de 2021

Constantino Cavafis

A CIDADE 
(1910) 
Dixeches: «Irei a outra terra, irei a outro mar. 
Outra cidade ha de haber mellor que esta. 
Cada esforzo mio é unha condena ditada; 
e o meu corazón está -como un morto- enterrado. 
Até cando estará a miña alma neste marasmo? 
Onde volva os meus ollos, onde queira que mire 
vexo aquí as negras ruínas da miña vida, 
onde pasei tantos anos que arruinei e perdín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.