25 de marzo de 2021

Aforismos de Leonardo

449.- A pintura é de máis discurso mental e de maior artificio e marabilla que a escultura, por canto a necesidade obriga a mente do pintor a transmutarse na mente mesma da natureza, e a ser intérprete entre a natureza e a arte, comentando con aquela as causas das súas figuracións obedientes ás súas leis; e como as imaxes dos obxectos que nos circundan concorren cos verdadeiros simulacros á pupila do noso ollo; e entre os obxectos de igual tamaño, cal parecerá maior á vista; e entre cores iguais, cal se mostrará máis ou menos escuro, máis ou menos claro; e entre as cousas colocadas a un mesmo nivel baixo, cal parecerá estar máis ou menos alta; e se a un mesmo nivel alto, cal máis ou menos alta; e en fin, de entre obxectos iguais, colocados a diversas distancias, por que uns mostraranse menos aparentes que os outros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario