4 de marzo de 2021

Aforismos de Leonardo

446.- Eses mestres non confían 'no xuízo dos seus ollos, que sempre engana, como o comprobará quen se propoña dividir unha liña en dúas partes iguais sen máis criterio que a vista: con moita frecuencia o experimento demostraralle a equivocación dos seus ollos. E é porque sempre sospeitan, que os bos xuíces temen sempre -ao revés do que fan os ignorantes-, e buscan o seu goberno no coñecemento de cada lonxitude, espesor e ancho; dese modo non se expoñen a aquel erro sen remedio de quitar material con exceso. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.