9 de marzo de 2021

A MATRONA DE EFESO I.

A MATRONA DE EFESO. 

PETRONIO 


En Efeso había unha matrona con tal fama de honesta que até viñan as mulleres a coñecela desde países veciños. Esta matrona perdeu ao seu esposo e non se contentou entón con ir detrás do corpo cos cabelos en desorde, como é costume entre o vulgo, nin con golpearse o peito espido ante os ollos de todos, senón que foi detrás do seu finado marido até a súa tumba e logo de depositalo, segundo a usanza dos gregos, no hipoxeo, consagrouse a velar o corpo e a choralo día e noite. Os seus pais e familiares non puideron facela cexar nesa actitude que, levada á desesperación, faríaa morrer de fame. Até os maxistrados desistiron do intento ao verse rexeitados por ela. 

Todos choraban case como morta a esa muller que daba exemplo sen igual consumíndose desde facía xa cinco días sen probar bocado. Acompañábaa unha serventa moi fiel que compartía o seu pranto e renovaba a chama da lamparilla que alumaba o sepulcro cando comezaba a apagarse. Na cidade 
non se falaba doutra cousa que non uera desta abnegación, e homes de toda condición social dábana como exemplo único de castidade e amor conxugal. 

Nese tempo o gobernador da provincia ordenou crucificar a varios ladróns preto da cripta onde a matrona choraba sen interrupción a recente morte do seu marido. Durante a noite seguinte á 
crucifixión, un soldado que vixiaba as cruces para impedir que algún desclavase os corpos dos 
ladróns para sepultalos, notou unha luceciña que titilaba entre as tumbas e ouviu os queixumes de alguén que choraba. Levado pola natural curiosidade humana, quixo saber quen estaba alí e que facía. 
Baixou á cripta e, descubrindo a unha muller de extraordinaria beleza, quedou paralizado de medo, 
crendo acharse fronte a unha pantasma ou unha aparición. Pero cando viu o cadáver tendido e as bágoas da muller, o seu rostro rasguñado, foise desvanecendo a súa propia impresión, dándose conta 
de que estaba ante unha viúva que non achaba consolo. 

Levou á cripta, a súa magra cea de soldado e comezou a exhortar á afligida muller para que non se deixase dominar por aquela dor inútil nin enchese o seu peito con queixumes sen sentido. 

-A morte -dixo- é o fin de todo o que vive: o sepulcro é a íntima morada de todos. 

Acudiu a todo o que adoita dicirse para consolar as almas transitadas de dor. Pero eses consellos dun 
descoñecido a exacerbaban na súa padecer e golpeábase máis duramente o peito, arrincábase guechos 
de cabelos e arroxábaos sobre o cadáver. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.