24 de agosto de 2017

Fragmento de A cidade dos Césares.

Un texto de Victor F. Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, xornalista, editor e escritor galego

    Contra o final da primavera entraron os barcos, xa digo, e foi moi grande a nosa desolación cando soubemos que neles viñan, por mandado do Vicerrei, do señor de Moñino e os ministros de Aranxuez, non verdadeiro consolo para a nosa situación, senón máis soldados e familias a poboar a misena. Abofé que agardabamos outra cousa: que nos levasen de aquí, tal como nalgún momento o Andaluz prometera, ou que nos aliviasen dalgún outro xeito, despois do feroz inverno que nos tocara padecer. Mais agora viamos o que nos esperaba, amarrados para sempre a estas carrincovas.
    Elvira de Barcia dera á luz a súa criatura, milagre de Deus Noso Señor que todos celebramos. O Moure, mozo garrido, acordou bautizala co nome da nai, María Elvira, ó tempo que repetía, como na praia de Montevideo, que había de conquistar o mundo por ela

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.