28 de agosto de 2017

A Quinta de Saler

Fragmento de A Quinta de Saler, obra de Antón Riveiro Coello, nado en Xinzo de Limia o 28 de agosto de 1964.


Ch3-g5 (Brancas)

Días antes da primavera, cando os estralotes prendían a súa púrpura nos valados, Florinda, a nai de Sozinha, botou enriba da cama unha colcha de liño feita por ela mesma e que tiña a imaxe de San Ramón Nonnato, e unha hora máis tarde nacía Mariña. Toribio Mouteira púxolle ese nome pola insospeitable cor azul dos ollos e untoulle os beizos cunha pinga de viño con melpara que a súa memoria prevalecese.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.