13 de agosto de 2017

PERO GARCÍA BURGALÉS

PERO GARCÍA BURGALÉS

Nunca Deus quis nulha cousa gran ben
nen de coitado nunca se doeu,
pero dizen que coitado viveu;
ca, se s'el del doesse, doer-s'-ía
de mí, que faz mui coitado viver,
a meu pesar, pois que me foi tolher
quanto ben eu eno mund'atendía.

Mais, en quant'eu ja vivo for, por én
non creerei que o Judas vendeu
nen que por nós na cruz morte prendeu
nen que filh'éste de Santa María;
e outra cousa vos quero dizer:
ca foi coitado non quero creer,
ca do coitad'a doer-s'avería.

Aínda vos del direi outra ren,
pois quanto ben havía me tolheu:
e quant'el sempre no mund'entendeu
de que eu mui gran pesar prendería,
per bõa fe, d'alí mi o fez prender;
por esto non quer'eu per el creer,
e, quanto per el crive, fiz folía.

E se el aquí houvess'a viver
e lh'eu por én podesse mal fazer,
per boa fe, de grado lho faría!
Mais, mal pecado, non hei én poder
e non lhi poss'outra guerra fazer;
mais por torpe tenh'eu quen por el fía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario