Á noitiña, o condenado a morte decidiuse e acendeu a candea, que iluminou parcialmente o calabouzo. Bateu na porta berrando polo gardián.
—¿Quer outro xaruto? —díxolle este tan axiña como abriu, con grande estrépito de ferraganchos.
Aquela tarde déranlle viño doce ao prisioneiro, e unha pouca bica. O capelán trouxéralle un feixe de habanos, como obsequio por ser a derradeira noite que o prisioneiro pasaría no mundo.
—Cando queira máis un xaruto, pídello ao gardián; fume a vontade -dixéralle o crego.
Á mañá seguinte ao preso seríalle dado garrote na Praza Maior de Ourense, que había estar chea de xente, coma nos días de tourada.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.