29 de abril de 2015

Fragmento dun Conto Popular

Houbo unha vez un rei que era pai de tres meniños e fixo plantar na súa horta unha maceira que daba unhas mazás avermelladas que era moito o que sabían. Desde que as mazás valeron para comer non había día que o rei non fose contar as mazás e sempre faltaba unha. Cando non quedaban máis ca tres mazás na maceira, quixo saber quen era o que lle causaba a perda, mandou chamar ó seu fillo máis vello e díxolle:
—A ver, meu fillo, ti es o maior dos meus tres fillos e quero que me digas quen é o que me come as miñas mazás. Toma esta escopeta e vai gardar a maceira.
O máis vello dos tres fillos do rei púxose ó pé da maceira; mentres foi día non a perdeu de vista, pero, en canto anoiteceu, deulle o sono e descoidou a vixilancia.
Pola mañá, cando o rei foi contar as súas mazás, botou en falta outra das mazás da súa maceira e acusou do roubo ó seu fillo máis vello:
—¡Es ti o que me roubas as mazás! E mandou que o metesen na cadea sen máis probas que a súa sospeita.
...

E ti... como seguirías?

Ningún comentario:

Publicar un comentario