28 de abril de 2015

A ILLA DOS OLLOS AZUIS

Nunha illa hai 100 habitantes. Todos eles teñen ou ben ollos azuis ou ben ollos marróns. Todos ven a cor dos outros, pero non a cor propia. Non poden falar do tema e non hai espellos. Iso si: unha lei establece que se alguén descobre que ten os ollos azuis, ha de abandonar a illa ás 8 da mañá seguintes. Todos os insulares teñen a mesma capacidade para razoar e todos son capaces de usar unha lóxica impecable.
Un día, unha persoa chega de visita á illa e, mentres a mira a todos, di, sen sinalar a ninguén en concreto:
-Que bo é ver polo menos unha persoa con ollos azuis despois de tanto tempo de estar en alta mar!

Que consecuencias trouxo este comentario aos habitantes da illa?

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.