5 de abril de 2015

Fragmento de Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo.

Francisco Xabier Puente Docampo naceu en Rábade o 5 de abril de 1946, mestre, escritor, contacontos e actor de teatro.

O FORNADAS

—¿Hasme contar como foi o asunto do Fornadas?

Desta maneira lle preguntei a meu pai un día que iamos de Castro a Roás. Miroume e riu, podía ser que polo inesperado da pregunta, non agardaba nin con moito que eu me interesase por algo que sucedera había tantísimos anos, pero estou máis certo de que a súa risa estaba motivada pola seguranza de que eu pensaba escribir algo sobre o afamado asunto.
E estaba no certo, porque a súa resposta confirmoumo:

—Eu cóntoche se queres todo canto sei desta historia, pero será mellor que non a escribas. Ti sabes que case estamos emparentados coa familia do Fornadas e coido que non lles había gustar vela nos papeis e moito menos escrita por ti.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.