21 de setembro de 2014

Inicio de NINGUÉN PODE, de Bernardino Graña

Ninguén pode contigo, mar proteico,
porque o teu sangue é forte e me penetra,
porque eres mar de mares e o teu cheiro
chega ata o escuro da máis pura terra.

Eu quero soio ser o corno ou cuncha
que poida dar un son que te remeda,
por resoar, meu mar, dende esta beira
e soñar que me faltas como esencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario