23 de setembro de 2014

Inicio de AUGAS PROFUNDAS

AUGAS PROFUNDAS
Richard Awlinson

A patrulla saíra de Marsember, coa misión de protexer as granxas que lindaban co bosque en forma de bágoa chamado do Ermitán. O sarxento, Ogden o Centauro, era un dos mellores de Cormyr, e gozaba da fama de manter o seu sector libre de bandoleiros.

Ás ordes de Ogden serviran doce xinetes. Formaban un grupo de soldados típicos: media ducia de mozos folgazáns, un par de borrachos, dous homes de valía e dous asasinos. Como era de supor, estes últimos eran insubordinados e prometeran engadir a Ogden á súa curta lista de vítimas, aínda que ningún deles xamais conseguira reunir o valor suficiente para atacar ao sarxento.

Agora xa non volverían ter nin sequera a oportunidade de tentalo. A patrulla de Ogden xacía a uns cen metros ao norte do bosque do Ermitán; todos mortos, até os cabalos. O Dragón Púrpura, brasón do rei Azoun IV, aínda resplandecía, e o aceiro bruñido das armaduras brillaba cando a luz da lúa aparecía entre os nuboeiros e alumaba os seus corpos.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.