14 de setembro de 2014

Fragmento de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor

Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego. En 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.


—"¿De onde che saíron ises cartos?", preguntou o Bocas, erguendo o sobrecello.
—"¡Ai, non che sei!", contestou o Milhomes, coa súa vociña mansela e cheia de falsía. "Debéronselle de caír dentro da saqueta á tía Delfina cando lle merquei o xamón, eisí Deus me dea, que é moi estraída. ¡Vaia que ser, probiña! ¡Como se porá cando os bote de menos!" E, coa mesma, ceibou a súa risiña polo narís. Os outros riron tamén, decatándose do calote. Pro eu non me rin, porque un será o que sexa, pro a min nunca me fixeron rir os caloteiros; que unha cousa é ser esmorguista e outra moi difrente ser ladrón, anque algúns fan adrede coma que se trabucan e apóñenlle ó estar bébedos, ou andar de bebedeira, anque naquil istante non o estean, as cousas da mala pezoña que teñen decote na ialma...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.