10 de setembro de 2014

Fragmento de Memorias de Tains, de Gonzalo R. Mourullo

CARTA SIN DIREICIÓN

: amiga, hoxe pensei en ti. Lembreime de ti. Mellor, vinme obrigado a lembrarme de ti. Topeime co dibuxo que ti me regalaches un día. Aquel dibuxo que está seguido a presentar unha cara longa. Unha cara longa, si, sumamente interesante. Aquel dibuxo que está seguido a presentar unha cara anguriada i estremadamente femenina. «D. aos dez anos.» Está escrito nun canto do papel. Xa custa traballo lelo, amiga. Porque hei de ser sinceiro todo ao longo destas liñas direiche que tiña esquecido o teu dibuxo, como te tiña enteiramente esquecida a ti.


...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.