17 de xuño de 2014

Inicio de O NÚMERO DA BESTA

O NÚMERO DA BESTA
De Fritz Leiber

- Gustaría... - dixo o Novo Capitán, xefe de policía de Chicago Alto, o turbulento satélite colocado sobre o meridiano centro-oeste da parte terrestre da cidade -. Gustaría que as razas telepáticas da galaxia non fosen sempre tan veraces e silenciosas.
- Os teus catro sospeitosos son telépatas? - preguntou o Vello Tenente.
- Si. E tamén me gustaría ter máis de media hora para decidir a cal hei de acusar. Pero Terra meteu o nariz no asunto e está a presionar. Se non o podo deducir razoando, tereino que facer a ollo. Concédenme soamente media hora.
- Nese caso non deberías perdela cun vello cascarrabias retirado como eu.
O Novo Capitán negou decididamente coa cabeza. 
- Non. Ti pensas. Agora tes tempo para facelo. 
O Vello Tenente sorriu.
- Ás veces gustaríame non telo. E dubido poder darche algunha pista sobre os telépatas, Jim. É certo que ultimamente estiven estudando pola miña conta os sistemas de pensamento estranxeiros con Kla-Kla o marciano, pero...
- Non vin a ti en busca dun especialista en telepatía - puntualizou o Novo Capitán rapidamente.
- Moi ben entón, Jim. Ti saberás o que fas. Vexamos o teu caso. E ponme ao corrente do asunto. Non estou moi ao tanto das noticias.
O Novo Capitán miroulle con escepticismo.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario