27 de xuño de 2014

Fragmento de Males de Cabeza

Un texto de Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, escritor galego.

Carapuchiña e o pobo feroz

Unha vez era unha nena de aldea moi feitiña e moi boa que vivía nun pazo co seu pai e a súa nai e mais dous irmáns varóns. A súa avoa, que a quería moito, agasallouna un día cunha carapucha vermella que ela mesma tecera e como a nena a vestía sempre, e ademais era moi pequena, toda a xente deu en chamarlle Carapuchiña Vermella. O seu pai era o cacique do lugar. 

Había anos que non se levaba coa avoa (a súa nai) e tempo atrás acabara por botala do pazo. El mandaba todos os días a Carapuchiña á casa da vella cunha botella de viño e unha empanada de pan de millo, porque tampouco era mal home. A avoa vivía nunha casa ó outro lado do bosqué e Carapuchiña tiña que atravesalo a diario. A primeira vez, o pai díxolle á nena:
    -Rapariga, cando atraveses o bosque non pares a falar con ninguén nin te desvíes nunca do camiño.
    Durante un tempo ela cumpriu o mandato do pai, pero un día Carapuchiña topou co lobo, que non era mal animal e o pobre estaba moi só e moi perseguido polos gandeiros da zona.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.