18 de xuño de 2014

GONÇALO EANES DO VINHAL [V 1004]

GONÇALO EANES DO VINHAL [V 1004]

Pero d'Ambroa, sempr'oí cantar
que nunca vós andastes sobre mar,
que med'houvessedes, nulha sazón;
e que havedes tan gran coraçón,
que tanto dades que bon tempo faça
ben como mao nen como bõaça,
nen dades ren por tormenta do mar.

E des i, ja pola nave quebrar,
aquí non dades vós ren polo mar
come os outros que i van entón;
por én teen que tamanho perdón
non havedes come os que na frota
van, e se deitan, con medo, na sota,
sol que entenden tormenta do mar.

E nunca oímos doutr'home falar
que non temesse mal tempo do mar;
e por én cuidan quantos aquí son
que vossa madre con algún caçón
vos fez, sen falha, ou con lobaganto;
e todos esto cuidamos, por quanto
non dades ren por tormenta do mar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario