Pero entón a pomba dirixiuse ó príncipe:
—¿Como lle vai ó meu home coa moura da mourería?
¡Ai, pobriños dos amores que tomei na fonte fría!
O príncipe sentiu que lle caía unha venda dos ollos e comprendeu de sotaque o que estaba a pasar. Entre el e o hortelán trataron de botarlle man á pomba, pero a ave escapou. Para o outro día, argallaron unha argucia e untaron con pez as pólas do loureiro. Cando a pomba volveu, quedou alí presa e o príncipe puido collela nas mans e agarimouna delicadamente; foi cando notou que tiña un alfinete cravado na cabeza e arrincouno con forza. O encanto desfíxose e a pomba trocouse na muller do príncipe en toda a plenitude da súa beleza.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.