
Jonathan, Jessica e eu empuxamos ao noso pai, facéndolle rodar polo comedor e a través da coquetona cociña estilo inglés antigo. Custounos bastante traballo pasarlle pola porta traseira, porque se puxo moi ríxido. E non me refiro ao seu carácter, aínda que sempre que lle viña en gana actuara como un tirano. Agora estaba ríxido, sinxelamente, porque o rigor mortis endurecera os seus músculos. Pero non nos arredramos por iso. Démoslle unhas cantas patadas ata que se dobrou polo medio e puidemos facerlle pasar polo marco da porta. Logo, arrastrámolo polo soportal e o seis chanzos da entrada até deixalo sobre o céspede.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.