Unha escolma de epítetos que non soa moi positiva na obra de este autor
E verás muitos alarbes
centulos e maricallos,
cazoleiros e godallos,
muito ninguén e arroaz.
Lacoeiros, gurumantes,
canaveses, galdrupeiros
escileres, raspalleiros
muito choqueiro e lambaz.
Esculapeiros, palurdos,
labregos e cortezudos,
furtabestas, pailanudos,
muito lavanco e animal,
lavercos, sandíos, laranjos,
lapalcados, lampreeiros,
mudamarcos, manteigueiros,
muito lapazo e sangual.
Lambruzas e larafousas,
rascamulas e lanudos,
baldrocas e mais felpudos,
estantiguas e lambóns,
lambisqueiros, tumbabolos,
nugalláns e mais larpeiros,
ciroláns e galdrumeiros,
macacos e carrejóns.
Catralbos, reviracielos
e moinas e atreizuados,
almas tortas e virados,
millenta e un adramáns,
macanqués e mulliolas,
larengos e castroeiros,
cirolás e farrulleiros,
e abondo de calancráns.
Gabachos, faramalleiros,
armadanzas, lambespiñas,
ducias de barbalmpiñas,
raposos chuchumecóns,
lamboiras, códeos, larbuzas,
toleiróns e canaveiros,
longueiróns e mais pieiros,
garabullos e tizóns.
Gorróns, latantes e gafos,
bousáns, congorxos, sarnosos,
famelgos, lerchos, tiñosos,
fadellos, meigos, cañóns,
jansporentrelas e grusmias,
aforragaitas, famentos,
mixiriqueiros, gafentos,
encrenques, lurpias, furóns.
Maloutáns e furabolos,
almallos e furabolos,
lacazáns e mais lareiros,
muito fino lapantín,
da aldea, mazabarrigas,
marrauns e arrocheiros,
talludos e farfulleiros
e mais tanto palanquín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.