10 de xullo de 2011

A desaparición do Códice Calixtino

“É a partida de bautismo de Galicia como nación cultural en Europa”. Así de categórico expresase o presidente do Consello da Cultura Galega, o historiador Ramón Villares, sobre a desaparición do Códice Calixtino. A ausencia do libro no Arquivo da Catedral de Santiago, detectada o pasado martes, supón un golpe inaudito ao patrimonio do país, e leva a repensar as medidas de protección para os nosos bens mobles.

Era unha das xoias da Catedral de Santiago, o documento que popularizou as peregrinacións e lles deron carta de altura real. O Liber Sancti Iacobi, do que o Codex Calixtinus era a mellor copia, levaba 800 anos conservada na catedral. Consulta na nosa infografía a súa estrutura e contidos.

Unicamente o Deán e arquiveiro da Catedral, José María Díaz, e mais dous colaboradores tiñan acceso á camara que albergaba o Códice Calixtino. Díaz compareceu para responder ás preguntas dos medios e asegurou que a Catedral síntese "vítima dun roubo e dunha tremenda ilegalidade" (sic). Ademais, recoñeceu que "quen levou o códice sabía o seu valor, como chegar a el e de qué se trataba". Segundo explicou, a cámara que albergaba o a obra desaparecida contiña tamén outras obras de importancia e era habitual o acceso a ela para llas proporcionar a diferentes investigadores, ainda que o Códice en si nunca saía da mesma. Esta foi a única peza que desapareceu deste espazo.

Podes seguir a historia nas novas de cultura galega que se poden ver no menu da dereita deste blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.