20 de xullo de 2011

Novela de xadrez - Stefan Zweig

Stefan Zweig (Viena, Austria, 1881 - Petropolis, Brasil,1942).

Escritor dun estilo sinxelo pero moi suxestivo e engaiolador, consegue manterte pegado as páxinas de principio a fin gracias a un perfectamente escollido ritmo que fai avanzar o relato sen saber en que momento podes ou debes parar para tomar un respiro, se e que te acordas de que tes que facelo, así de ben fiado vai cada páxina e cada frase coa seguinte

A principal pega que lle atopan os lectores é a brevidade destes relatos ou novelas. Máis os que así pensan sorpréndeme que non entendan que si se sinten tan atraídos por éstes é precisamente pola eficiencia das palabras e a eficiencia dos personaxes. Están todos os que teñen que estar, non mais, e din aquelo que teñen que dicir, non menos. Así claro está, e a proba son os seus libros, que 100 páxinas abondan para contarnos unha historia e deixarnos ainda unha profunda fenda.

Novela de xadrez publicouse postumamente en 1944 , tres anos despois de ser escrita e dous despois da sua morte. Suicidouse xunto a sua muller en Brasil polo pesimismo de ver a rica cultura europea pronta a desaparecer polo dominio nazi que el pensaba se chegaría a extender mundialmente.

A novela é un fiel reflexo do seu último pesar .

O campión mundial de xadrez Mirko Centovic viaxa nun barco destino a un torneo moi importante noutro continente. Nese barco tamén viaxan por motivos axenos ó lector o Sr. Mac Connor , o señor B. e o narrador, ademais do resto de tripulantes que non atoparon cabida nesta historia.

A trama céntrase e digamos que culmina no desafío a unha partida de xadrez entre Mirko e o señor B .

Mirko aprendeu a xogar de pequeno mirando xogar o seu pai repetidas veces contra un amigo deste , e decimos que aprendeu porque un día sen máis senta por primeira vez diante dun taboleiro e vai gañando a todas e cada unha das persoas que osan poñerlle resistencia ata que non lle queda xa ninguén por gañar.

E se isto non é normal, menos normal e a forma na que o Sr B. aprendeu.
Apresado polas forzas nazis por sospeita de traición, é recluído durante meses nunha habitación moi luxosa dun hotel na que o único inquilino é el mesmo e o seu pensamento. Á espera dunha declaración delatora que o libere, se cadra, consume o seu corpo e a súa mente. Pronto a soltalo todo nun momento de debilidade extrema, casualmente atopa un amigo con quen relacionarse, un amigo en forma de libro... de xadrez.

O seu ánimo recupérase e a súa nova vitalidade sorprende os interrogadores.
Sobra dicir que o señor B. absorbe como un alento salvador todas as posicións, estratexias, aperturas e tácticas dese novo xogo ata tal punto que se transforma no seu mellor rival , pero co tempo no canto de salvarse, cae nun estado patolóxico de obsesión irracional por eses 64 cadriños bicolores. Máis paradoxicamente outra vez iso é o que o vai salvar pois a súa loucura fai que a estancia alí por mais tempo sexa totalmente desaconsellada polos medicos, e desta maneira logra a liberdade.

A partida e o seu desenlace é polo tanto un acontecemento único e inaudito na que so os tripulantes, e eu, foron testigos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.