27 de xullo de 2011
O Proceso - Franz Kafka
Inacabado e con capítulos a medio facer, esta novela trascendeu na historia por outros dous motivos: Está escrita por Kafka. A novela misma é Kafka.
¿Que a diferencia entón das súas demáis obras?
Pois da metamorfosis quizáis nada. Simplemente cambia a forma de expresar a mesma idea.
En canto ó resto, non sei. Non lin nada máis.
¿Como podo entón atreverme a dicir quen é ou quen deixa de ser Kafka?
Bueno, para iso están os prólogos e a wikipedia.
Non vou contar agora a súa historia pois sobran as biografías , nin facer un resumo do libro que xa fixo moita xente. Tampouco vou contar a miña experiencia lectora ¿quen son eu para amosar tal despilfarro de xactancia?
Aínda que isto e o que levo facendo ata agora...¿Como me xustificarei? ¿Será simplemente que hoxe non teño gañas?, ¿Será que algunha vez tiven? So hai unha cousa máis triste que traballar de balde e sen ganas, traballar cobrando e sen ganas, porque estas atado a necesidade do diñeiro, en cambio eu son libre de deixar a labor cando a considere.
A pesar de que efectivamente, hoxe non tivera ganas, xa dei escrito un bo anaco do artigo e xa me sinto mellor. Se ben e certo que a metade das cousas que puxen non teñen relación co título que o encabeza, non me altera en demasía. Fago coma Kafka, non escribo para a xente, escribo para min.
Se ben é certo, hai un pequeno fallo, a pesar de que o meu artigo son eu, eu non son Kafka.
Certamente esta última frase ben podía ser un bonito peche do artigo, pero estas son as cousas misteriosas dos tornadizos carácteres (misterio que por tanto xa non é) dalgunhas personas, que me parece que debo seguir escribindo, xa que empecei.
Considero isto a mesma situación de cando miras a unha rapaza que parece que tamén te mira a ti, e te acercas a ela con vergoña e temor e pensas e repensas 20 veces non só a primeira frase, senón o tema que sacarás a continuación para que esta se manteña atenta a ti.
Pois o misterio non é máis que ese. A rapaza é nova e descoñecida cada día, e non é que non teña ganas de coñecela, e que normalmente son demasiado vago para acercarme a ela. O que suele pasar (por descarte e non por mérito meu) e que ela veña a min. Outras veces concedo citas a cegas un determinado día da semana , despois podo aparecer ou non aparecer (ou facerme de rogar), pero o feito e que a miña palabra de cabaleiro esta por riba da miña preguiza, e so desta maneira consigo ter algun tipo de éxito entre elas, e obrigarme a min mesmo a seguir facéndoo.
Máis despois de pasar un rato con ela, o máis corriente e que a conversación xa non de moito máis de si, e a decisión mais sensanta é despedirse cortesmente e citarse , se todo foi ben, para outro día.
-Ate o mércores que ven, linda .
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Y, al igual que Josef K. se vio envuelto en el proceso sin saber por qué, tu te viste envuelto en este artículo, sin saber de qué iba a ir XD. Y aun así, el resultado es extrañamente Kafkiano :=)
ResponderEliminar