20 de xaneiro de 2011

Unha Milagre. Julio Cortazar

HISTORIA VERIDICA
A un señor cáenselle ao chan os anteollos, que fan un ruído terrible ao chocar coas baldosas. O señor agáchase aflixidísimo porque os cristais de anteollos custan moi caro, pero descobre con asombro que por milagre non se lle romperon.
Agora este señor sente profundo agradecemento, e comprende que o ocorrido vale por unha advertencia amigable, de modo que se encamiña a unha casa de óptica e adquire deseguido un estoxo de coiro almohadillado dobre protección, a fin de curarse en saúde. Unha hora máis tarde cáeselle o estoxo, e ao agacharse sen maior inquietude descobre que os anteollos se fixeron po. A este señor lévalle un intre comprender que os designios da Providencia son inescrutables, e que en realidade o milagre ocorreu agora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.