11 de xaneiro de 2011

O coello

Nun día lindísimo e asollado, un coello saíu da súa cova coa súa notebook e púxose a traballar, ben concentrado. Pouco despois, paso por alí un raposo, e vu a aquel suculento coelliño tan distraído, que se lle fixo auga a boca. Quedou tan intrigado coa actividade do coello que, curioso, aproximóuselle:
- Coelliño, que estás a facer aí, tan concentrado ?
- Estou a redactar a miña tese de doutoramento -dixo o coello, sen sacar os ollos do seu traballo.
- Hummmm... e cal é o tema da túa tese?
- Ah, é unha teoría que proba que os coellos son os verdadeiros predadores naturais dos raposos.
O raposo quedou indignado:
- Que? Iso é ridículo! Nós somos os predadores dos coellos!
- Absolutamente non! Ven comigo á miña cova e mostrarei a miña proba experimental.
O coello e o raposo entran á cova. Poucos instantes despois óuvense algúns ruídos indescifrables, algúns poucos gruñidos e despois silencio. Deseguido, o coello volve soiño, e retoma o seu traballo de tese, coma se nada sucedese. Media hora despois pasa un lobo. Ao ver ao apetitoso coello, tan distraído, agradece mentalmente á cadea alimentaria por garantir o seu xantar. Con todo, o lobo esta tamén intrigado ante un coello que traballa con tanta concentración, e resolve pescudar de que se trata, antes de devoralo:
- Ola, moziño! Que fas traballando tan duramente?
- A miña tese de doutoramento, señor lobo. É unha teoría que veño desenvolvendo desde hai algún tempo e que proba que nós, os coellos, somos os grandes predadores naturais de varios animais carnívoros, inclusive dos lobos.
O lobo non pode conter a risa e estala en gargalladas ante a petulancia do coello.
- Ha, ha, ha! Veña home! Apetitoso coello! Isto é un despropósito. Somos nós, os lobos, os xenuínos predadores naturais dos coellos. E agora... terminemos con esta charla absurda!
- Descúlpeme, pero se vostede quere, eu podo presentarlle a miña proba experimental. Gustaría de acompañarme até a miña cova ?
O lobo non pode crer a súa boa sorte. Ambos desaparecen cova dentro. Algúns instantes despois óuvense aullidos desesperados, ruídos de masticación, e ... silencio.
Unha vez mais o coello volve só, impasible, e retorna ao traballo de redacción da súa tese, coma se nada ocorrese.
Dentro da cova do coello obsérvase unha enorme pila de ósos ensanguentados mesturados con pelos de diversos ex-raposos, e ao seu lado, outra pila aínda maior de ósos e restos mortais daqueles que algún día foron lobos. No centro das dúas pilas de ósos ... un enorme LEÓN, riseiro, ben alimentado, se relame satisfeito.

MORALEXA DA HISTORIA:
1. Non importa como de absurdo sexa o tema da túa tese
2. Non importa se non ten o máis mínimo fundamento científico
3. Non importa se os teus experimentos xamais chegan a probar a túa teoría
4. Non importa sequera se as túas ideas contradin os mais obvios conceptos da lóxica
5. O que verdadeiramente importa é ... QUEN É O TEU PADRIÑO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.