Salim di ao seu fillo:
- Fillo, quero que cases cunha dama que xa escollín.
O fillo responde:
- Pero pai, eu quero escoller á miña muller, isto de arranxar as vodas non se usa máis!.
Salim di ao seu fillo:
- O meu querido fillo, é que non sabes a quen elixín para ti... nin máis nin menos que á filla de Bill Gates!
O fillo responde:
- Ohhh... non me imaxinaba isto pai. Que sabio que é. Por suposto que acepto.
Salim parte para unha reunión co mismísimo Bill Gates.
Salim di a Bill Gates:
- Bill, xa teño ao marido ideal para a súa filla.
Bill Gates responde:
- Pero a miña filla é moi nova aínda para casar, ademais, isto de arranxar as vodas é algo que na nosa cultura non se estila.
Salim di a Bill Gates:
- Talvez, talvez... pero este mozo é o Vicepresidente do Banco Mundial.
Bill Gates responde:
- Vaia... non estaría mal sumar na familia a un funcionario do Banco Mundial!, nese caso creo que o poderemos arranxar. Trato feito, convencerei á miña filla para que acepte ao raparigo.
Finalmente, Salim reúnese co Presidente do Banco Mundial... Salim:
- Señor Presidente, teño a un mozo recomendado para ocupar o cargo de Vicepresidente deste banco.
Presidente:
- Pero xa teño moitos vicepresidentes!.- Inclusive máis dos que son necesarios realmente, para que sumar outro Vicepresidente á estrutura do Banco?.
Salim:
- O que pasa é que este mozo é o xenro de Bill Gates.
Presidente:
- Nese caso... considéreo contratado !!
...ASÍ SE FAN OS NEGOCIOS !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.