30 de xaneiro de 2011

Día da Non Violencia

30 de Xaneiro. Día Escolar da Paz e a Non Violencia

O Día Escolar da Non violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: Amor universal, Non violencia e Paz.

O día 30 de Xaneiro conmemórase ademáxs a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.