
A Consellería de Cultura e Turismo aposta por utilizar unha ferramenta tan importante como é a Lei do Libro e da Lectura e de Galicia (Lei 17/2006, do 27 de decembro) e traballar nas obrigas que esta lei recolle. Entre elas, confíaselle a Administración as tarefas de planificación, información e coordinación arredor do libro e da lectura co fin de favorecer a sociedade galega. Ademais, tamén recoñécese o caracter estratéxico e prioritario do sector do libro como instrumento para a expresión do dereito á creación, a promoción e á divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia.
Galicia está indisolublemente asociada a Europa a través das correntes culturais, do pensamento e do espírito. Estas manifestacións exprésanse e materialízanse a través da palabra escrita, a través do códice ou do libro, que, desde a alta Idade Media, ofrece a cada obra un polo de atención para o debate, a construción intelectual e a democratización vagarosa do coñecemento e da intelixencia colectiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.