Os vosos fillos non son os vosos fillos, son fillos e fillas do anhelo da Vida, ansiosa por perpetuarse.
Por medio de vós concíbense, mais non para vos. E aínda que estean ao voso lado, non vos pertencen.
Podedes darlles o voso amor; non os vosos pensamentos: porque eles teñen os seus propios pensamentos.
Podedes albergar os seus corpos; non as súas almas: porque as súas almas habitan na casa do futuro, pechada para vós, pechada mesmo para os vosos soños.
Podedes esforzarvos en ser como eles, mais non tratedes de facelos como vós: porque a vida non retrocede nin se detén no ontes.
Sodes o arco desde o que os vosos fillos son disparados como frechas viventes cara ao lonxano.
O Gran Arqueiro é quen ve o branco no camiño do infinto, e dobrégaos co seu poder para que a súa frecha vaia rápida e lonxe.
Deixade que a vosa tensión en mans do Gran Arqueiro moldéese ledamente.
Porque así como El ama a frecha que voa, así ama tamén o arco que se tensa.
Da obra "O Profeta" de Kalil Gibrán
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.