30 de decembro de 2010

Revolución Tecnolóxica... o que vén.

Este texto circula profusamente pola rede, poida que mesmo xa o recibiu. Pero é tan atractivo que non puidemos resistir a tentación de deixalo rexistrado nos nosos arquivos.
O que fixemos foi buscar a fonte ORIXINAL e chegamos á conclusión que se corresponde ao libro "Educar con intelixencia emocional", de S.E. Tobias, M.J. Elias, P. Anton, B.S. Friedlander e varios; Plaza y Janés, 2003, (pp. 66-67).
Deixarao pensando sobre o magníficas que son as tecnoloxías cando chegan ao cume do seu desenvolvemento posible.

- LIBRO !!
 
Presentamos o novo aparello de "Liñas Informativas Baseadas en Recoñecemento Óptico" (LIBRO).

O LIBRO supón un gran avance tecnolóxico: sen cables, sen baterías, sen nada que deba conectarse ou acenderse. O seu manexo é tan sinxelo que até un neno pode utilizalo. Compacto, portátil, pode usarse en calquera sitio mesmo se nos achamos nun sofá xunto á cheminea e aínda así é o bastante potente como para conter tanta información como un CD-ROM.

- Velaquí como funciona:
O LIBRO confecciónase a partir dunha secuencia numérica de follas confeccionadas con derivados da madeira finamente comprimidos, coñecidos tamén como papeis (reciclable), cada unha das cales é capaz de conter milleiros de bits de información.

As páxinas únense mediante un artefacto que ten diversas denominacións e que se aloxa no lombo, que mantén as follas na súa correcta secuencia. A chamada Tecnoloxía do Papel Opaco (TPO) permite aos fabricantes utilizar ambas as caras da folla, co que se duplica a densidade de información e redúcense os custos.
Os expertos áchanse divididos en canto ás perspectivas de futuros aumentos da densidade de información; polo momento, os LIBROS que conteñen maior información sinxelamente utilizan máis páxinas.

Cada unha das páxinas analízase ópticamente e a información resultante queda directamente rexistrada no cerebro humano.
Calquera movemento a través do fluxo informativo leva a cabo de forma dixital: un leve xesto co dedo lévalle a un á páxina seguinte.

O LIBRO pode utilizarse en calquera momento mediante o mero feito de abrilo.

Ao LIBRO non lle afectan golpes ou caídas nin precisa un ocasional reinicio, aínda que, do mesmo xeito que outros artefactos de visualización de datos, pode resultar inutilizable se se deixa caer á auga. A función de "procura" permítelle a vostede trasladarse de maneira instantánea a calquera páxina e avanzar e retroceder como desexe. Moitos inclúen unha función chamada "índice" que indica con gran precisión a situación exacta de calquera información seleccionada para a súa instantánea localización.
Un accesorio opcional, o "SEÑALADOR", permitiralle abrir o libro no sitio exacto en que o deixou nunha sesión previa, mesmo aínda que vostede pechase o LIBRO.

O MARCALIBRO adáptase aos criterios universais de deseño; por tanto, un único MARCALIBRO pode utilizarse en LIBROS de distintos fabricantes. E á inversa, nun mesmo LIBRO poden utilizarse numerosos MARCALIBROS se o usuario desexa rexistrar varios aspectos á vez. O número destes queda limitado tan só polo número de páxinas do LIBRO.

Tamén pode vostede introducir notas persoais xunto ás entradas do LIBRO mediante unhas ferramentas de programación, os "Lixeiros Artiluxios Para Introducir Sinais" (ou LAPIS).

Portátil, duradeiro e alcanzable, o LIBRO está a ter unha excelente acollida e considérallo precursor de toda unha nova onda de entretemento.

Ademais, os seus atractivos son tan evidentes que miles de creadores de contidos comprometéronse a dedicarse ao xénero e, segundo cóntase, os investidores son numerosísimos. Cabe esperar moi pronto unha verdadeira onda de novos títulos.

É un texto que merecía difundirse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.