As festas do nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas coa celebración do solsticio de inverno sobre a que houbo unha superposición relixiosa.
Noiteboa.
Na noite do 24 de decembro celébrase o nacemento de Xesús. Na cea era costume servir un prato máis na mesa para que os familiares mortos puidesen compartir coa familia esta celebración, para os que tamén se deixaba a lareira acesa.
En Verín deixábaselles cera e leite; Risco sinalaba que en Xinzo de Limia debía quedarse na casa o cabeza de familia para recibi-las ánimas. Deste xeito, os membros da familia no alén podían gozar de calor e comida na casa á que pertencían. Risco tamén relaciona este acto de reservar un sitio e cubertos na mesa como símbolo da pousada que se lle dá á Virxe, pousada que se lle negara en Belén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.