O Congreso dos Deputados celebrou hoxe luns o trixésimo segundo aniversario da aprobación en referendo da Constitución 1978 cun acto institucional ao que foron convidados todos os poderes do Estado e no que estiveron presentes todos os partidos con representación parlamentaria coa excepción de PNV, Esquerra Republicana (ERC), Iniciativa per Catalunya (ICV), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Nafarroa Bai.
A Constitución ou carta magna (do latín cum, con, e statuere, establecer) é a norma fundamental, escrita ou non, dun Estado soberano, establecida ou aceptada para rexelo. A constitución fixa os límites e define as relacións entre os poderes do Estado (poderes que, nos países occidentais modernos, defínense como poder lexislativo, executivo e xudicial) e destes cos seus cidadáns, establecendo así as bases para o seu goberno e para a organización das institucións en que tales poderes se asintan. Este documento busca garantir ao pobo os seus dereitos e liberdades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.