11 de novembro de 2016

San Martiño

Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.

Martiño de Tours, naceu en Sabaria, Panonia (hoxe Szombathely) Hungría no ano 316 e finou en Candes, Francia, no ano 397, é o patrón da diocese de Ourense.

Fillo dun tribuno militar romano, seguiu a carreira militar no exército romano, ocupación que abandonou con posterioridade para dedicarse á vida relixiosa.



Sulpicio Severo descríbeo como un home alegre e indulxente, manso e forte, querido polas xentes sinxelas. Isto levou a que, con ocasión dunha visita á catedral de Tours para acudir a un enfermo, o pobo o aclamase como bispo. Contra súa vontade, por considerarse indigno de tal ministerio, foi elixido como bispo da cidade de Tours no ano 370. A representación que de el ás veces se fai cun ganso, deriva da lenda verbo deste episodio: fuxindo da multitude que o aclamaba, ocultouse onda un ganso que, ao grallar, revelou o seu agocho.

A todo porquiño chégalle o seu San Martíño é un dito que alude ao desexo de que cada cal recibirá no seu momento a resposta polos actos cometidos. A festividade se celebra o 11 de novembro e é cando ten lugar a matanza do porco.

10 de novembro de 2016

Aforismos de Leonardo

260.- Cando o paxaro desexa virar sacudindo as ás, afundirá máis abaixo no aire a á que está ao lado cara ao cal quere torcer o seu voo, e así o paxaro torcerá o curso do seu voo de acordo co ímpeto da á que máis se moveu, e provocará no aire ao lado oposto a axitación correspondente. Cando o paxaro tenta elevarse no aire a golpes de á, levanta os ombreiros e oprime contra o seu corpo os extremos das súas ás. Aumenta así a densidade do aire que se atopa entre os extremos das ás e o peito do paxaro, cuxa presión o eleva no aire.

9 de novembro de 2016

A arte do Paleolítico ao Neolítico

A arte do Paleolítico ao Neolítico  
Cambios de orientación na arte

As manifestacións artísticas do Paleolítico, que tanta calidade conseguiran, non tiveron continuación no Epipaleolítico e o Mesolítico. No Epipaleolítico europea a arte resultou moi pobre e  escaso. Limitouse a obxectos de arte mobiliar (Aziliense, Maglemosiense), coa excepción da zona mediterránea española, onde se desenvolveu o segundo ciclo de arte parietal: a arte levantina. Así mesmo, foron tamén importantes as pinturas do norte de África.
Os cambios climáticos que tiveron lugar hai, aproximadamente, uns 10.000 anos comportaron a modificación das formas de vida coñecidas até entón. O retroceso dos glaciares e a estabilización dun clima moito máis benigno, influíu na fauna e na flora, así como no comportamento do home, que transformou os seus hábitos e costumes. Co cambio climático desapareceron algunhas especies animais como o mamut, o reno ou o bisonte, sendo habitual, a partir de entón, a caza de xabaríns e cervos. Con todo, o feito máis importante deste momento foi a progresiva adopción da agricultura que comportou, á súa vez, grandes cambios, tales como a sedentarización do home e a construción dos primeiros poboados.
Coa sedentarización e o urbanismo incipiente desenvolvéronse novas técnicas como a produción da cerámica e o tecido. Ambas terían unha importancia decisiva para o ulterior desenvolvo da arte. O home foi adoptando paulatinamente os recentes logros técnicos. Non houbo pois unha ruptura drástica coas formas de vida paleolíticas nin coas súas últimas manifestacións artísticas.
Ás etapas epipaleolíticas e mesolíticas seguiu o período denominado Neolítico, que significa época da pedra nova ou pulimentada. Ten as súas orixes en Asia Menor, a partir do 8000-7000 a.C., na extensión que abarca desde Irán a Turquía. A difusión cara a outras áreas de Europa tivo lugar ao longo de varios milenios. Iso significa que cando o Neolítico foi definitivamente adoptado en todo o ámbito europeo, no Próximo Oriente e no denominado Crecente Fértil (val do Éufrates e do Tigris) xa se entrara na fase protohistórica e histórica (mediados do IV milenio a.C.), co descubrimento da escritura.
Por iso é polo que deba considerarse o Neolítico unha etapa histórica moi longa, na que non se poden establecer paralelismos cronolóxicos senón culturais, que fan referencia á adopción dun modo de vida e técnicas similares.

8 de novembro de 2016

Fragmento de "Homes de Ningures" de Xoán Ignacio Taibo.

Caracas, 1944

En Caracas había mosquitos a mancheas, a xente tiña morenísima a pel, Breixo non os entendía can-do falaban, ignorábase o pan e ninguén quería aos emigrados. Cando acabou de medrar xa non sabería lembrar máis cousa outra que a escola de freiras galegas que aqueloutraban a voz para que lles non notasen a orixe, que moito berraban, pero que fóra da capela eran máis boas que un pan de molete. Tamén recordou as dúas ou tres cartas que recibiu de Fuco Caión, o fillo do carpinteiro que deprende-ra a ler con el, mais que seguía a escribir con moitos erros de ortografía. As cartas eran todas igual, e só lle pedían que voltase e que voltase. E tamén lem-braría sempre o día en que a nai o recibiu solemne para lle ler a carta dos outros curmáns, os de Buenos Aires, que chamaban por el. Alá foi Breixo cos seus trece aniños e a pesada pubertade ás costas, para máis nunca ver á nai nin os irmáns, por iso tan esborranchados e ignorados no tempo.

...

7 de novembro de 2016

O outeiro de ferro

O outeiro de ferro

Atópome no fondo dun aula, estamos todos de pé nunha clase de pintura, temos varias mesas como as dunha barra dun bar que cruza a clase, sobre elas pomos as nosas enormes follas especiais para pintar.

Eu tiña un compañeiro á miña dereita, un home adulto, tiña a cara chea se marcas faciais, coma se tivese unha vida intensa e chea de obrigacións. Á metade da clase decide que ten que marchar, espérao un labor importante, encárgame a min que garde os seus debuxos até a próxima, el non pode levalos á reunión.

Pouco despois doume conta de que teño demasiados debuxos que levar, tento collelos todos coas mans e camiño á saída cos brazos estendidos esperando que secase a pintura.

Como podo saio da clase.

Atópome só, fóra, de fronte, hai gran outeiro de céspede verde, aínda que sei que é unha fachada tan só.

No pico do outeiro víase un saínte metálico cuns portelos, aos arredores desta, o outeiro sacaba enormes chemineas de varios metros de altura.

O outeiro de verde céspede era a fachada que construíran para a maior fábrica de toda a cidade canto menos.

Nos seus bos tempos lembrei que traballaran 5000 persoas. Hoxe está a maioría parada, coloreada por dentro con oxido.

Achégome á cima, abro unha trampilla e podo ver o que esconde, un inmenso baleirou ocupado con ferros e tubaxes, a profundidade que tiña era moito maior que a altura do outeiro, cando me fixei ademais de ter certa vertixe pensei no bo sitio que sería para facer paracaidismo.

DRD

6 de novembro de 2016

PEDRO AMIGO DE SEVILHA

PEDRO AMIGO DE SEVILHA

Moitos s'enfingen que han guaanhado
doas das donas a que amor han,
e tragen cintas que lhis elas dan;
mais a min vai moi peor, mal pecado,
con Sancha Díaz, que sempre quix ben:
ca jur'a Deus que nunca mi deu ren
senón un peid', o qual foi sen seu grado;

ca, se per seu grado foss', al seería;
mais daquesto nunca m'enfingirei,
ca eu verdadeiramente o sei
que per seu grado nunca mi o daría;
mais, u estava coidando en al,
deu-mi un gran peid'e foi-lhi depois mal,
u s'acordou que mi o dado havía.

Coidando eu que melhor se nembrasse
ela de min, por quanto a serví,
por aquesto nunca lhi ren pedí
des i, en tal que se min non queixasse;
e falando-lh'eu en outra razón,
deu-mi un gran peid', e deu-mi-o en tal son,
como quen s'ende moi mal log'achasse.

E, pois ela de tan refece don
se peendeu, ben tenho eu que non
mi dess'outro, de que m'eu máis pagasse.

5 de novembro de 2016

Comentario a FILLOS DE DUNE

FILLOS DE DUNE

Velaquí a crónica dun novo paso na evolución dun planeta e da raza humana. O planeta é Arrakis, coñecido tamén como Dune, lugar de proba dos indómitos Fremen, o pobo libre do deserto, e tamén berce da melange, a especia xeriátrica cuxo comercio domina todo o imperio. A raza humana áchase representada tan só por un neno de nove anos, que con todo non é únicámente un neno de nove anos, xa que a experiencia de miles de vidas aniña no seu interior. É Leto Atreides, o fillo de Paul Atreides, Muad'Dib, o Mahdi de todos os Fremen, o mesías dunha relixión que arrasou o universo, o home que penetrou no deserto para salvar á humanidade. Leto Atreides e a súa irmá xemelga Ghanima saben que tras a morte do seu pai son a última esperanza de transformación e supervivencia do planeta. Pero, está realmente morto Paul Atreides? E se está realmente morto, quen é ese predicador cego que, procedente do deserto, fala coa boca de Muad'Dib para acusar con terribles palabras á sufocante burocracia que converteu a súa relixión nunha nova forma de escravitude?