(1904-1980)
Novelista, ensaísta e musicólogo cubano, que influíu notablemente no desenvolvemento da literatura latinoamericana, en particular a través do seu estilo de escritura, que incorpora todas as dimensións da imaxinación "soños, mitos, maxia e relixión" na súa idea da realidade.
Vida
Naceu na Habana o 26 de decembro de 1904, fillo dun arquitecto francés e dunha cubana de refinada educación. Estudou os primeiros anos na Habana e á idade de doce anos, como a familia trasladouse a París durante uns anos, asistiu ao liceo de Jeanson de Sailly, e iniciouse nos estudos musicais coa súa nai, desenvolvendo unha intensa vocación musical. Xa de regreso a Cuba comezou a estudar arquitectura, pero non acabou a carreira. Empezou a traballar como xornalista e a participar en movementos políticos esquerdistas.
Foi encarcerado e á súa saída exiliouse en Francia. Volveu a Cuba onde traballou na radio e levou a cabo importantes investigacións sobre a música popular cubana. Viaxou por México e Haití onde se interesou polas revoltas dos escravos do século XVIII. Marchou a vivir a Caracas en 1945 e non volveu a Cuba até 1956, ano no que se produciu o triunfo da Revolución castrista.
Desempeñou diversos cargos diplomáticos para o goberno revolucionario, morreu en 1980 en París, onde era embaixador de Cuba.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.