1 de setembro de 2023

A árbore familiar da nosa actividade

O proxecto "E ti, de quen vés sendo?" ten unha das súas patas en animar a facer árbores xenealóxicas ou familiares.

Buscamos unha actividade moi doada... o teu nome, os dos teus pais, os de teus avós e... aquí chegará o problema para moitos... o dos teus bisavós.

Correndo a preguntar aos pais como se chamaban os seus avós? 

E cando teñas eses nomes... poderás atopar os seus anos de nacemento... e onde foi?

Moitas outras preguntas poden xurdir tan só con estes nomes. 

Anímate a seguirnos, a facer a árbore mais complexa... e a seguir investigando na túa historia.

PREME PARA FACER A TÚA ÁRBORE E PARTICIPA EN SORTEOS

Podes ver os artigos relacionados con esta actividade PREMENDO AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.