10 de abril de 2023

Medo ao novo

A finais do século XX o de internet aínda non estaba moi claro e daba certo medo (coma hoxe as IA) este era un resume dunha nova publicada en 1998:

Un estudo demostra que o uso de Internet pode levar á depresión e o illamento social. Un informe, patrocinado por compañías como Intel Corporation, Hewlett Packard ou Apple, analizou a vida de familias medias durante dous anos na rexión de Pittsburgh. Descubriuse que as persoas que navegan por Internet durante certo tempo son máis propensas á depresión e ao illamento social. Mesmo con tan só unha hora á semana na rede, os participantes aumentaron en 1% o seu nivel de depresión e interrelacionáronse moito menos coas persoas do seu entorno. O estudo replantea a idea de que a Internet pode aliviar a sensación de solidade, contradicindo as expectativas que se tiñan sobre o impacto social de Internet. Este resultado pode ter consecuencias nas intencións de Washington de introducir Internet en todas as súas escolas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.