16 de abril de 2023

Comunicación

A finais do século XX comentábase que o maior cambio que se estaba producindo era o das comunicacións. Considerábase que o poder dos medios era indiscutible e cada vez máis intenso. Iso deixou de ser así, pero se que a publicidade seguiu gañando influencia nas nosas vidas. Entón a nova publicidade era sobre todo unha manifestación de creatividade. Os grandes creativos publicitarios eran verdadeiros artistas. Só hai que ver a calidade actual de moitas das publicacións de instagram con máis seguidores para ver que iso desapareceu. A copia, facer todos o mesmo reto con lixeiras variacións máis ou menos graciosas, é o que leva hoxe en día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.